Lingua Galega 6/5/2020


Hoxe imos facer un traballo de investigación.

Teredes que preguntarlle a vosos pais (ou incluso mellor a vosos avós) información sobre dúas plantas que teñades na vosa casa, no xardín, nalgún prado ou que virades no monte. 
Desas plantas intentaredes recoller varios datos (ou cando menos, un), dos seguintes: 
  • Para que se emprega?. É dicir, se serve para facer algunha infusión, se se usa para algunha enfermidade, etc
  • Como se usa?. Férvese, cómese, etc
  • Un poema ou historia sobre a mesma. Deberá ser un poema, dito, historia, ... que coñeza algún membro da vosa familia. Non vale un dito, historia, etc que non volo contase un familiar.
  • Como coñeceu esa planta?. Se lle falaron dela seus pais, etc
Intentade que non sexa ningunha das seguintes (aínda que se non coñecedes outras, poden ser algunhas da seguinte listaxe):
Asentes
Lavanda
Orégano
Ciridonia / Celidonia
Acevo
Malba
Fento / Fiuncho
Malba, Malva ou Malvarisco
Mentraste
Oliveira
Xesta
Trevo / Trevol
Silva
Rosa
Herba Luisa
Margarita
Romeo / Romeu
Menta
Apio Bravo
Nébeda
Ombligo de Venus
Couchelos
Salvia ou Xarxa
Tulla
Milenrama ou mielenrama
Lengua de ovella
Loureiro ou lourel
Camelia Blanca
Sabugueiro
Jazmín de Carolina
Pirixel
Dente de león
Soá
Fiollo ou planta do anís

Comentarios