A continuación verás dous textos. Un deles está escrito en verso e outro en prosa. Ambos falan do mesmo, pero dunha forma diferente.
O que debes facer ti é o mesmo ca no exemplo. Tes que escribir un texto en verso e despois outro que diga o mesmo (ou similar) en prosa. Procura que o texto en verso teña un mínimo de dez liñas.
Eu teño un cabalo vermello
que dia tras día
escapa do seu cortello
Come toxos e come estrugas
pero nunca come
nin herba nin leitugas
Corre áxil sen espello
coma un galgo
detrás dun coello
...
PROSA
O meu cabalo vermello non hai quen o coute no seu cortello. É tan túzaro que escapa a cotío. Se o virades …, come toxos, ortigas e calquera outra cousa que nunca imaxinariades. Pero o que nunca quere é herba nin leitugas e cada vez que llas ofrezo relincha coma un tolo. Sen embargo, correndo, só a súa sombra o pode igualar, co seu galopar fermoso, é a envexa do lugar.
GUÍA DIARIA PARA CONTINUAR COA MATERIA
Comentarios
Publicar un comentario