Lingua Galega 20/05/2020

Observa como se forma o feminino das palabras en galego (debes coñecer estas regras perfectamente, polo que che recomendo repasalas)

  1. Escribe catro exemplos para cada un dos modelos. Por exemplo: lobo-loba, pastor- pastora, ancián-anciá, león-leoa...
  2. Escribe unha soa oración, na que apareza un exemplo de cada un dos modelos que acabas de formar. Por exemplo: A pastora dixo que vira pelexar a unha loba anciá cunha leoa para defender ao seu fillo.

Observa como se forma o plural das palabras en galego (debes coñecer estas regras perfectamente, polo que che recomendo repasalas)

  1. Escribe catro exemplos para cada un dos modelos. Por exemplo: león-leóns, reiseñor-reiseñores, caracol, caracois, val-vales...
  2. Escribe unha soa oración, na que apareza un exemplo de cada un dos modelos que acabas de formar. Por exemplo: Neses vales abondan os reiseñores, os leóns e os caracois.

Para realizar os exercicios asegurate de non empregar ningunha das palabras que aparecen nos exemplos (nin do libro, nin dos que eu che indico)

Guía diaria para continuar coa materia

Comentarios