Lingua Galega 19/05/2020


1. Le o seguinte texto.
2. Indica en non máis de dúas liñas, de que pensas que fala.
3. Busca na lectura:
         - Dous substantivos propios e dous comúns
         - Dous substantivos concretos e dous abstractos
         - Dous substantivos individuais
4. Que substantivo colectivo incluirías no texto (e onde)?
Recoméndoche ler a páxina 42 do libro de texto para facer os exercicios.
         

Unha noite na eira do trigo
o refrexo do branco luar,
unha nena choraba sin trégolas
os desdéns d'un ingrato galán.

I a coitada entre queixas decía:
"Xa no mundo non teño ninguén,
vou morrer e non ven os meus ollos
os olliños do meu doce ben".

Os seus ecos de malenconía
camiñaban nas alas do vento,
i o lamento
repetía:
"¡Vou morrer e non ven ó meu ben!"


Lonxe dela, de pé sobre a popa
dun aleve negreiro vapor,
emigrando, camiño de América
vai o probe, infelís amador.

I ó mirar as xentís anduriñas
cara a terra que deixa cruzar:
"Quen puidera dar volta -pensaba-,
quen pudera convosco voar!..."

Mais as aves i o buque fuxían
sin ouír seus amargos lamentos;
sólo os ventos
repetían:
"¡Quen puidera convosco voar!"

Noites craras, de aromas e lúa,
dende entón ¡qué tristeza en vós hai
prós que viron chorar unha nena,
prós que viron un barco marchar!...

Dun amor celestial, verdadeiro,
quedou sóio, de bágoas a proba,
unha cova
nun outeiro
i un cadavre no fondo do mar. 
(Adaptación)

Comentarios