Bos días a todos.
Supoño
que todos recordades que o vindeiro día 3 celébrase o día da Nai. Se vos
animades, propóñovos facerlle un poema en galego e unha entrevista. Pensade que
o poema non ten que ser perfecto, pero si é interesante que recollades nel
o importante que é vosa nai para vós. Como xa sei que pode ser que vos de
vergoña compartir o poema comigo, nin sequera tedes que enviarmo, pero pensade
que sería interesante que llo fagades e llo leades a ela, aínda que o consideredes "cursi".
En
relación á entrevista sería interesante que lle preguntásedes pola súa
infancia, polas súas vivencias, que foi o mellor que lle pasou na súa vida e tamén o peor,
que cousas importantes lle aconteceron, etc. Non se trata de buscar unha
entrevista perfecta, o único que quero é que coñezades algunha cousa dela que
non sabiades. Tampouco me tedes que enviar a entrevista, pero si me gustaría
que sinalarades o que coñecestes de novo, o que vos chamou a atención, ... Nun
par de liñas.
Tedes
de prazo para o poema e a entrevista ata o domingo.
E
a outra opción de traballo para hoxe é a seguinte. Se non vos animades a
facer o poema e a entrevista, debedes facer todas as tarefas seguintes (son
moitas, pero como prefiro que fagades o poema e a entrevista, a ver se vos
animades así).
SE FACEDES O POEMA E A ENTREVISTA NON FAGADES AS TAREFAS SEGUINTES.
Comentarios
Publicar un comentario